Rodrigo Romaní

home-imagen

Discografía

O último disco

As Arpas de Breogan

1. Terra de Melide
2. Non te fies
3. Rosa de Abril
4. O Feitizo de Añón
5. Rumba para Susi
6. Mi morena
7. As arpas de Breogan. Suite en Mi bemol
8. Lila
9. Rosa desvairada
10. Parolando con Moxenas
11. Suite en Re para duas arpas

Desque a finais da década dos 70 no pasado século Emilio Cao, primeiro e Rodrigo Romaní despois, introducirán o uso da arpa céltica nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego, planteaba sobre a música de tradición oral, danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular, un longo camiño foi percorrido por grupos e solistas de todo o pais que incorporaron o instrumento proporcionándolle diferentes acentos e modos de interpretación.

rodrigo-romani-foto-biografia

Biografía

Rodrigo Romaní, nado en Noia é un coñecido músico galego, cunha longa traxectoria no grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu.

Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario -nos que acostuma ter colaboracións-. Polo de agora, publicou dous discos: Albeida (2000) e Cantos Caucanos

É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

É un multi-instrumentalista (harpista excelente, tamén toca guitarras, bouzouki e ocarina), ademais de ser un notable vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do novo dúo Sete Saias. Recentemente creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.